Concurso de méritos de estabilización das categorías de persoal de investigación
      Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as
  
  
  
    
- Oposicións
 - Sanidade Pública
 
Publícase no DOG o listado definitivo de admitidos/as e excluídos das seguintes categorías de persoal investigador:
• Investigador-non sanitario-subgrupo A1.
• Investigador-sanitario-subgrupo A1.
• Investigador-sanitario-subgrupo C1.
As persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Persoas aspirantes admitidas e citadas á entrevista
- Duración máxima de corenta minutos.
 - Deberán defender a vinculación dos seus méritos coa liña de investigación da/das praza/s a que optan.
 - A orde de celebración das entrevistas comezará por aqueles aspirantes cuxo primeiro apelido comece pola letra «T».
 - Lugar: na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) na sala 3 do 1º andar.
 - Datas das entrevistas: os días 11 e 17 de xullo de 2024, e a hora de inicio de cada unha das xornadas será ás 9.00 horas.
 - Deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.
 
Novas Relacionadas
Últimas novas