Concurso de méritos de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, listado definitivo e apertura do acto de elección telemático
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas.
Todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación (do 7 ao 20 de febreiro) para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría de facultativo especialista de área.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
Os/as aspirantes seleccionados/as deberán elixir un número de destinos igual ao do posto que ocupa como seleccionado pola orde de prelación que considere. Sen prexuízo do exposto, se solicitan menos destinos que o posto que ocupa e non resulta adxudicatario de praza, non poderá ser nomeado persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.
Os/as participantes no proceso selectivo que non teñan a condición de seleccionados/as poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que considere ou aqueles que fosen do seu interese. No suposto de quedar prazas sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, o nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que achegasen a documentación indicada no punto terceiro desta resolución e teñan elixido os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non resultou adxudicatario.
Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.