Concurso de méritos de facultativo/a especialista en atención primaria
Publicación das/os aspirantes seleccionadas/os e prazas pendentes de convocar
- Oposicións
- Sanidade Pública
Logo do proceso de elección de destino, quedaron 15 prazas pendentes de elección.
Publicouse a relación de novas persoas seleccionadas para acceder a estas prazas, e a relación de reservas para que dentro do prazo establecido presenten a documentación necesaria para continuar no proceso selectivo.
Ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 20 de outubro ao 3 de novembro de 2022) para a presentación da documentación necesaria:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
c) Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
A documentación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.