Concurso de méritos en enfermería especialista de saúde mental: lista de admitidos/as e excluídos/as
- Oposicións
- Sanidade Pública
Consulta aqui o listado.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles (do 4 ao 18 de outubro de 2023), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.