Concurso de méritos médico/a de familia: aspirantes definitivamente seleccionados e inicio do prazo de elección de destino

Publicarase no DOG o martes 17 de outubro

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS prevé que o martes, 17 de outubro de 2023 se publique en DOG:

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva, publicación dos/as aspirantes seleccionados e se inicia o prazo para a elección de destino.

Con esta resolución ábrese o prazo para aporta documentación e realizar a elección de destino. Xúntase arquivo coas prazas que se ofertan neste proceso e que se colgarán a efectos informativos na páxina www.sergas.es.

 

Volver