Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo de iversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario e á adxudicación de destino definitivo
- Oposicións
- Sanidade Pública
Declarase finalizado o concurso de méritos das convocatorias excepcionais nos procesos selectivos de estabilización para o ingreso nas seguintes especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022:
– Facultativo/a especialista en Análises Clínicas.
– Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular.
– Facultativo/a especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.
– Facultativo/a especialista en Farmacia Hospitalaria.
– Facultativo/a especialista en Farmacoloxía Clínica.
– Facultativo/a especialista en Inmunoloxía.
– Facultativo/a especialista en Medicina do Traballo.
– Facultativo/a especialista en Medicina Nuclear.
– Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.
– Facultativo/a especialista en Neurofisioloxía Clínica.
– Facultativo/a especialista en Obstetricia e Xinecoloxía.
– Facultativo/a especialista en Oncoloxía Radioterápica.
– Facultativo/a especialista en Radiofísica Hospitalaria.
– Médico/a de Urxencias Hospitalarias.
– Técnico/a de Saúde de Atención Primaria.
Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas