Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos

para o ingreso nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social, convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022.

Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizaren a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias do proceso selectivo.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes (do 21 de outubro ao 20 de novembro), para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver