Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo
Categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental
- Oposicións
- Sanidade Pública
As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes (do 7 de outubro ao 6 de novembro), para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.
Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpra os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.
De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo
Novas Relacionadas
Últimas novas