Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo
Para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario
Nomease como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.
Adxudícaselles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.
Declarase finalizados os procesos selectivos de estabilización polo sistema de concurso de méritos para o ingreso nas seguintes especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso:
• Facultativo/a especialista en medicina do traballo.
• Facultativo/a especialista en neurofisioloxía clínica.
• Facultativo/a especialista en neuroloxía.
• Facultativo/a especialista en oftalmoloxía.
• Médico/a de urxencias hospitalarias.
Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes (do 21 de outubro ata o 20 de novembro), para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas