Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino definitivo

Categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

n prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver