Concurso de méritos para acceso a postos de difícil cobertura

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

O SERGAS aporta o cadro cos postos de difícil cobertura que se ofertarán nestas convocatorias.

Presentan os borradores das convocatorias, abríndose un prazo de alegacións ata o 13 de marzo.

Serán 4 convocatorias: FEAP, FEAs, Pediatra de AP, e Enfermeiro/as especialista en saúde mental.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31/05/2023.

  • A estrutura de baremo que van utilizar de referencia é a dos FEAP.
  • Permitirase igual que se fixo cos FEAP, de que o requisito de titulación poderá acreditarse no prazo de reclamacións ao listado de admitidos/as e excluídos/as.
  • A lei permite que se constitúa un tribunal por grupo profesional, polo que cabe a posibilidade de que se constitúa un tribunal de licenciados/as sanitarios A1 e outro de A2.
  • Na base novena, cambian o sistema de elección das prazas. Logo da baremación definitiva, todas as persoas terán que aportar a documentación (declaración xurada, certificado de reunir a capacidade funcional...), e terán que participar no acto de elección e elixir por orde todos os destinos.
  • Se na toma de posesión non hai incorporación, xa se aplicaría a opción de elección de destino feita previamente.

CIG-Saúde denunciamos que revisado o cadro de prazas a convocar, na categoría de pediatra de atención primaria estanse incluíndo prazas que non foron previamente a Concurso de traslados.

Volver