Concurso de méritos de difícil cobertura: persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e inicio do prazo de toma de posesiónl

Categoría de médico/a de urxencias hospitalarias

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean como persoal estatutario fixo e se lles adxudica destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Publícase no anexo desta resolución a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas neste proceso selectivo e nomealas como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

Adxudícaselles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no indicado anexo e declarar finalizado para elas o concurso de méritos para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 25 de maio).

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado

Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver