Listas provisionais do concurso de méritos de estabilización de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
Declárase con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e publicar as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes admitidos/as no proceso selectivo para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
– Grupo administrativo da función administrativa.
– Grupo de xestión da función administrativa.
– Grupo técnico da función administrativa.
– Persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais.
– Persoal técnico superior.
– Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais.
– Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
– Técnico/a de grao medio.
– Traballador/a social.
Os/as aspirantes admitidos/as poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles (do 2 ao 16 de agosto) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen reclamación contra os resultados da baremación provisional. Tales reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva, que aprobará esta dirección xeral e que se publicará no Diario Oficial de Galicia, logo da análise das reclamacións por parte do tribunal que efectuará, de ser o caso, as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso elevándoas á autoridade convocante.