Concurso de traslados aberto e permanente 2019 en médico/a de familia de atención primaria

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inician os prazos de cesamento e toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2019, na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 12 de novembro de 2019.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

Volver