Concurso de traslados aberto e permanente

Lista de admitidos/as e excluídos/as de persoal sanitario e de xestión e servizos. Relación de destinos na categoría de médico/a de familia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023, e se aproba a oferta de destinos na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Publícase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles (do 29 de marzo ao 13 de abril de 2023) , para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal se dirixise a solicitude de participación no concurso.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación para este ciclo, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as.

Médicos/as de familia:

Publícase tamén a oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas na categoría de médica/o de familia de atención primaria.

Os/as profesionais da categoría de médico/a de familia de atención primaria que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais (do 29 de marzo ao 12 de abril de 2023) para poderen modificar, a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico, dentro do prazo indicado.

Volver