Concurso de traslados aberto e permanente

Convocatoria ano 2026

  • Concurso de traslados

O vindeiro 24 de agosto está prevista a publicación da oferta de prazas do concurso de traslados. A partir dese momento ábrese un prazo de 15 días naturais para que todo o persoal interesado poida modificar o cambio de destino ou desmarcar todas as opcións e non participar neste concurso.

O persoal, que no concurso de traslados, opte a máis dunha categoría, debe ter en conta que na categoría que non tome posesión (é dicir, na que non se incorpore), pasará automáticamente a situación de excedencia voluntaria por interese particular.

É importante valorar esta consecuencia, xa que afecta directamente á vinculación coa categoría non escollida na que, ata o de agora, se quedaba en excedencia por prestación de servizos no sector público.

Podes corrixir esta situación durante o prazo de 15 días para modificar as solicitudes: desmarca todas as opcións dunha das categorías e deixarás de participar neste concurso por esa categoría.

Volver