Concurso de traslados aberto e permanente en FEAP: listado provisional de admitidos/as excluídos/as e oferta de prazas

  • Concurso de traslados

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Apróbase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Aprobar a oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Para ver a relación de prazas preme aquí.

Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

A adxudicación dun destino neste proceso de mobilidade voluntaria suporá a obriga para o/a profesional adxudicatario/a do cumprimento dos requisitos e das condicións do posto que se detallan na relación de prazas ofertadas, que se fai pública mediante esta resolución. En caso contrario, o/a profesional decaerá do dereito a obter ou, de ser o caso, manter tal destino con carácter definitivo.

 

Volver