Concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos

Publicado hoxe a resolución definitiva do ciclo do 2024

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Declarase resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.

As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

Volver