Concurso de traslados aberto e permanente: previsión de publicación provisional de ofertas de admitidos e excluidos e oferta de destinos.

Está previsto que o mércores, 8 de xuño se publiquen no DOG a oferta de destinos do ano 2022

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

O SERGAS informa que está previsto que o mércores, 8 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se aproba a relación provisional de admitidos/excluídos e a oferta de destinos correspondentes ao concurso de traslados de persoal estatutario do ano 2022.

 

Os/as profesionais que figuran na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia para poder modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan. Este prazo finaliza o 23 de xuño.

 

Disporán dun prazo de quince días para poder modificar a través de Fides a selección de destinos efectuada. Este prazo finaliza o 23 de xuño.

 

 

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico, dentro do prazo indicado.

 

Os/as profesionais que non tiveran seleccionado na instancia de participación ningún destino, disporán do mesmo prazo para efectuar a través de Fides a selección de destinos que consideren.

 

Aqueles/as profesionais que, constando admitidos con carácter provisional neste proceso, non tiveran seleccionado na instancia de participación ningún destino, disporán do mesmo prazo para efectuar a través de Fides/expedient-e, mediante o oportuno rexistro electrónico, a selección de destinos que consideren.

Volver