Concurso de traslados aberto e permanente: publícase a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao 2023

Publicado hoxe en DOG

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas excluídas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación (do 28 de setembro ao 27 de outubro de 2023).

Consulta aqui os listados.

Volver