Concurso de traslados persoal enfermeiro especialista

Enfermería Familiar e Comunitaria, Enfermería Pediátrica e Enfermería do Traballo

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de Enfermería Familiar e Comunitaria, Enfermería Pediátrica e Enfermería do Traballo.

A solicitude de participación no concurso deberase efectuar a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e deberá presentarse por rexistro electrónico.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación en calquera momento, sen suxeición a prazo, desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

En cada ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de xaneiro do respectivo ano.

Con carácter excepcional, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de febreiro.

Os méritos que se valorarán neste primeiro ciclo anual, serán os causados ata o 15 de decembro do ano anterior, inclusive, que consten debidamente rexistrados en Fides/expediente-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada en data do 15 de febreiro de 2023.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: concurso.traslados@sergas.es.

Volver