Concurso mobilidade interna de Vigo

Prazo de presentación de solicitudes ate o 13 de novembro

  • Vigo

CMI (CONCURSO MOBILIDADE INTERNA) do Ámbito Hospitalario

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES ata o 13/11/23

  • Accede ó teu FIDES e cubre a solicitude
  • Accede ao formulario de postos na intranet (Intranet//Outros Enlaces, 2.Xestión RRHH//Concurso Mobilidade Interna)
  • Presenta en calquera dos rexistros da Área Sanitaria de Vigo

Os méritos serán os causados e acreditados ata o último día do prazo de presentación de solicitudes.

BAREMO XERAL

Experiencia profesional:

Por cada mes completo de servizos prestados con vinculo fixo na categoría na que se concursa en institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea / Espazo Económico Europeo / Suíza: 0,60 puntos/mes
Por cada mes completo de servizos prestados con vinculo temporal na categoría na que se concursa baixo en institucións sanitarias do sistema sanitario público de un país da Unión Europea / Espazo Económico Europeo / Suíza: 0,30 puntos/mes
Por cada mes completo de servizos prestados como persoal fixo no Complexo Hospitalario de Vigo na mesma categoría á que se opta, ata un máximo de tempo de cinco anos: 0,15 puntos /mes

Áreas especiais
Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo fixo na categoría e servizo ao que se concursa por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea / Espazo Económico Europeo / Suíza : 0,10 puntos/mes.

Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo temporal na categoría servizo ao que se concursa baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea / Espazo Económico Europeo / Suíza: 0,05 puntos/mes

Formación continuada:

Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación continua do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Servizo Galego de Saúde, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.
Cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das Administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continuada do Servizo Galego de Saúde, dirixidos á categoría á que se opta.
Por crédito: 0,30 puntos.
Por hora: 0,030 puntos

Docencia:

Por impartir cursos dos tipos sinalados no apartado de formación continuada con independencia da categoría ou categorías destinatarias dos ditos cursos:
Por crédito: 0,60 puntos
Por hora: 0,060 puntos

Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos/curso académico, ata un máximo de 3 puntos.

Titoría acreditada de especialistas en formación:
Titor/a: 0,50 puntos/ano ou a parte proporcional.
Colaborador/a docente: 0,20 puntos/ano ou parte proporcional.

Sesións de formación CHUVI: 0,10 puntos/hora

Coñecemento da lingua galega:

Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 1,8 puntos
Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 3,60 puntos

CRITERIOS DE DESEMPATE
a) Outorgaráselle o destino solicitado á persoa que acredite máis puntuación no concepto de servizos prestados na mesma categoría na propia institución sanitaria.

b) No caso de persistir o empate, outorgaráselle o posto solicitado ao/a interesado/a que acredite máis puntuación por experiencia profesional no conxunto das institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/ Suíza na mesma categoría.

c) De continuar persistindo o empate, este resolverase atendendo á data da toma de posesión da praza en propiedade na categoría á que se opta.

d) De seguir existindo empate, dirimiráse o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría do posto ao que opta.

e) Se, con todo, persiste o empate, outorgaráselle preferencia ao/á aspirante de maior idade.

 

BAREMO ESPECÍFICO POSTOS ENFERMERÍA PRÁCTICA AVANZADA

Coñecemento da lingua galega:

Acreditación do Celga 3 ou do nivel de Iniciación: 2’50 puntos
Acreditación do Celga 4 ou do nivel de Perfeccionamento: 5’00 puntos

Experiencia específica en funcións relacionadas coas do posto solicitado:

Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo fixo na categoría por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público: 0’60 puntos/mes.

Por cada mes completo de servizos prestados con vínculo temporal na categoría baixo dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público: 0’30 puntos/mes.


Formación específica nas materias relacionadas coas do posto solicitado:

Valorarase a formación especializada, a formación continuada acreditada e a universitaria de posgrao directamente relacionada coas funcións ou tarefas do posto solicitado, tanto a recibida como a impartida:
Por crédito: 0’30 puntos
Por hora: 0’03 puntos

Antigüidade nas institucións sanitarias públicas:

Por cada mes completo de servizos prestados con vinculo fixo na categoría na que se concursa por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias: 0,60 puntos/mes.

Por cada mes completo de servizos prestados con vinculo temporal na categoría na que se concursa baixo dependencia de institucións sanitarias: 0,30 puntos/mes.

 

Volver