Concurso-Oposición de varias categorías

Lista provisional de aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición de varias categorías

  • Oposicións

DOG 113 do 18/6/2026 - RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

RESOLVE:

Declarar, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

• Persoal sanitario facultativo: farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a xeral de ADOS, odontólogo/a de atención primaria e médico/a asistencial do 061.

• Persoal sanitario non facultativo: logopedista, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional e dietista-nutricionista.

• Persoal non sanitario: condutor/a, fontaneiro/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, traballador/a social, mecánico/a, lavandeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, calefactor/a, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, celador/a e electricista.

Nas categorías de celador/a e de grupo auxiliar da función administrativa inclúense, ademais, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega na quenda de discapacidade intelectual.

 

As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante un escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

 

 

 

 

Volver