Concurso- oposición enfermeiro/a

Publicado hoxe en DOG ampliación do nº de prazas e reapertura do prazo de solicitudes

Publicada hoxe RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 15 de marzo de 2022, modificada pola Resolución do 10 de xuño de 2022, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Reabrir o prazo de solicitude desde o día 9 de xaneiro de 2023 ata o 27 de xaneiro de 2023, ambos os días incluídos, para a presentación de solicitudes de participación neste proceso.

As persoas aspirantes que presentaron a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 25 de marzo de 2022 e o 15 de xullo de 2022 non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación.

Aquelas persoas aspirantes que presentaron a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 25 de marzo de 2022 e o 15 de xullo de 2022 e desexen modificar a quenda de acceso poderán efectualo.

 

 

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Enfermeiro/a

A2

1.135

332

89

1.556

Título universitario oficial de grao en Enfermaría, diplomatura universitaria de Enfermaría ou equivalente

 

 

 

 

 

Volver