Previsión da publicación do concurso para acceso á condición de fixo na categoría de FEAP

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Comunicamos que o vindeiro mércores 19 de outubro, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Resolución pola que se procede a publicación de novos/as aspirantes seleccionados no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de FEAP, e das prazas pendentes de adxudicación. Por esta resolución ábrese un prazo para que os aspirantes seleccionados atendendo ao número de prazas pendentes de adxudicación e os aspirantes de reserva aporten a documentación que require a convocatoria no prazo de 10 días hábiles, con carácter previo á elección dos 15 destinos que restan por adxudicar.

Volver