Concurso de traslados aberto e permanente: resolución definitiva das prazas de médicos/as de familia
Publicado hoxe no DOG
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Declarase resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas da categoría de médico/a de familia de atención primaria, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.
A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse:
- dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde,
- no prazo de sete días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde,
- ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.
Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles/as adxudicatarios/as de praza no concurso que xa viñesen ocupando praza con carácter definitivo no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.
No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.