Contratos de 12 meses de Enfermeiras/os e PSX en atención primaria

Aceptación voluntaria somente na categoría de enfermeira/o

Na última mesa sectorial o SERGAS informou da contratación de diversas categorías, dentro das “liñas de acción de atención primaria”, coma enfermeiros/as e PSX con contratos de servizos determinados de 12 meses ofertados polas listas de longa duración.

CIG-Saúde solicitamos que os contratos fosen de aceptación voluntaria, dada a singularidade dos mesmos.

O SERGAS informa que soamente na categoría de enfermeiro/a, e atendendo a que ten como requisito dispoñer de permiso de conducir, a aceptación pasa a ser voluntaria.

CIG-Saúde vimos de esixirlle ao SERGAS que aplique esa opción de aceptación voluntaria tamén no caso dos/as PSX, xa que tamén van ter unha prestación de servizos diferente á do resto da área administrativa e incluso cunha prestación en varios centros de traballo.

Mesmo contrato mesma xestión nos chamamentos!!

Volver