Convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Lugo

CIG-Saúde rexeita a última proposta da patronal desmarcandose así da plataforma conxunta

Proposta da patronal

A Plataforma de negociación composta nun inicio por UGT, CSIF e CIG, logo de analizar a última proposta da patronal no día de hoxe 03/05/24, decidiu co apoio de UGT e CSIF considerar esta proposta como suficiente para que sexa ratificada polo persoal traballador, renunciando a persistir na negociación.

CIG-Saúde desmarcase deste posicionamento ao considerar esta proposta como insuficiente, polo que comunicamos que dende o día de hoxe que a CIG queda fora da citada Plataforma.

A CIG seguirá loitando para acadar para as traballadoras e traballadores da sanidade privada da Provincia de Lugo un Convenio Colectivo digno.

A CIG considera que ainda queda camiño por recorrer na negociación do Convenio. Tendo como obxetivo acadar un acordo de xeito áxil, imos presentar unha nova proposta aos nosos ollos asumible pola patronal, que acade milloras sustanciais para o conxunto das traballadoras e traballadores do sector.

  • Unhas taboas salarias dignas xa desde o 2023.
  • Que se inclua unha clausula de actualización segundo o IPC ao vencemento do convenio.
  • Que o calculo de do Salario Mínimo sexa mensual e non anual.
  • Creación dun novo plus de domingos e que o de festivos teña unha cantidade maior que a proposta pola patronal.
  • Excluir os LDs do Computo de Xornada para que non sexan recuperables, tendo unha xornada efectiva de 1732 horas (con 3 LDs)
  • Xornada ata as 15.00h, para os centros con atención ordinaria ao público nos días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro.
  • Millorar a redacción do desfrute dos permisos.
  • Revisar a redacción do Convenio no referente á contratación.

A CIG quere compartir as suas propostas coas traballadoras e traballadores, polo que convocou asembleas informativas nos centros, para avaliar co persoal afectado a situación actual da negociación.

Volver