CONVENIO COLECTIVO. Unha cuestión de orde

A CIG considera unha vergoña que a estas alturas aínda non esté publicado o Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Coruña.

  • Sanidade Privada

Por isto a fins de febreiro acudimos persoalmente á delegación da Consellería de Traballo para interesarnos polo tema. O Convenio levaba alí dende o 28 de decembro que foi remitido vía Consello Galego de Relacións Laborais, tíñano  considerado como un convenio novo á espera dunha análise moi detallada, máis que no caso dunha renovación. Ante a nosa comunicación respondéusenos que se poñerían a revisalo nuns días.

            Curiosamente volvemos interesarnos polo tema hai 3 días e díxosenos que enviaran requerimento en marzo para a corrección de algún arquivo e que non tiveran resposta ata este luns.

            Isto só o fixemos por responsabilidade, nin para facelo público, nin para presumir de arduo traballo, nin para afear ningunha conduta de ningún sindicato, é máis, imos explicar como funciona o tema:

            A Comisión negociadora do Convenio formada pola patronal e as OOSS, (nela a Presidencia é da Patronal, a secretaría é da CIG, efectivamente) foi esta Comisión a que facultou á patronal para a entrega da documentación na  Consellería, e polo tanto, a Consellería dirixiuse a ela para requerirlle o famoso arquivo. Polo que, "el requerimiento fue enviado a la parte que se había  ofrecido (habilitado) a efectuar dicha cuestión" traducido significa que non facía falta que outro/s sindicato/s mediara para nada, nin grazas a ela a patronal se enterou de nada.

            Curiosamente,ningún sindicato se dirixiu á CIG para apremiarnos senón que lle fixo o traballo á patronal, que ¡¡¡pobriña!!!! non se deu conta de que tardando en atender o requerimento da Consellaría o diñeiro quedaba no seu peto a conta de fastidiar ao persoal.

            Que razón tivemos con non comunicarlle a ningún outro sindicato en tempo real as nosas xestións,  xa que eles no canto de chamar á CIG puxéronse a sacarlle lustre ao teclado do teléfono, iso si, arduamente.

Volver