Convenio da sanidade privada da provincia de Pontevedra
Asemblea martes 15 de outubro
- Convenios
- Sanidade Privada
ASEMBLEA
Martes 15 de outubro
- 17:00 h.
- Salón de actos da CIG en Vigo (Gregorio Espino 47, Vigo)
Convocase ás persoas afiliadas e simpatizantes da CIG a unha asemblea informativa, co fin de trasladar a situación actual da negociación do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Pontevedra.
Tras anos sen renovar o actual convenio (vencido o 31 de decembro do 2019) e prorrogado co acordo dunhas táboas salariais aprobadas por UGT e CCOO, a dia de hoxe a patronal négase a negociar un axuste da xornada laboral, unhas táboas salariais reais acordes coa realidade na que vivimos, incorporar complementos indiscutibles como o pago dos domingos e festivos traballados ou que as clínicas dentais poidan cobrar o plus de toxicidade.
Esta estratexia de feitos consumados onde a patronal vai gañando tempo e aforrando cartos mentres as persoas traballadoras acumulan perda de poder adquisitivo, fixo que na reunión do pasado venres 4 de outubro tódolos sindicatos presentes deramos un ultimatum á patronal da sanidade privada da provincia.