Convenio sanidade privada da provincia de A Coruña
Inicio da mediación co Consello Galego de Relacións Laborais
- Convenios
- Sanidade Privada
Logo das xornadas de mobilización e folga destes meses, a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais púxose en contacto coa CIG para instarnos a unha reunión conxunta co resto de sindicatos e a patronal do sector da sanidade privada da provincia da Coruña.
O pasado martes 30 de abril, tivo lugar esa reunión, na que a presidenta do CGRL instounos a retomar as negociacións coa intervención dun mediador. Esta proposta, a diferencia da que no seu dia fixo a patronal, non ten como fin evitar as posibles convocatorias de folga e terá o obxetivo de conseguir melloras laborais e non recortes.
Tanto a CIG, como o resto de sindicatos aceptamos esta proposta.
A plataforma sindical acordou suspender as xornadas de folga convocadas para o mes de maio ante esta nova oportunidade nas negociacións, agardaremos ao que pase nas renuións deste mes para tomar unha decisión sobre as convocatorias de folga do mes de xuño.
No dia de onte, luns 6 de maio, tivo lugar en A Coruña a primeira das reunións coa mediación do CGRL.
Nesta primeira toma de contacto as dúas partes, sindicatos e patronal, expuxeron diante do mediador as posturas distantes que levaron a que a negociación desencadeara na actual situación de conflito.
As reunións van ser o máis intensas posibles para tentar chegar a un acordo neste mes de maio, lembrando que no caso contrario en xuño poderíase retomar o calendario de mobilizacións.
CIG-Saúde expuxo novamente con claridade que o punto de partida non pode estar nos recortes, mostrándose disposta a chegar a posibles acordos en materias significativas como a xornada, buscar solucións para que as actuais táboas salariais sexan acordes ao actual SMI (sala mínimo) e insistiu unha vez máis que os domingos deben ser retribuídos.
A seguinte reunión terá lugar o próximo luns 13 de maio. Nesa reunión a patronal comprometeuse a darnos traslado dunha nova proposta con bosquexos diferentes coa que se poida iniciar un “dialogo”.
CIG_Saúde comprometese a analizar a fondo esta proposta e a traballar o máis activamente posible para acadar un bo convenio, sendo conscientes de cales son os nosos límites para poder asinar.
Novas Relacionadas
Últimas novas