Convocada primeira xornada de folga na sanidade privada da provincia da Coruña o 30 de novembro
- Sanidade Privada
Ante o desplante da patronal, negándose a negociar unhas condicións xustas de traballo, o persoal da sanidade privada de toda a provincia da Coruña convocamos unha xornada de folga para exixir respecto a esas empresas que seguen enchendo os petos a costa do noso traballo.
- Secunda a folga, non acudas a traballar e participa nos actos convocados para estes días.
- Solidarízate coas traballadoras e traballadores, lembra que unha asistencia de calidade precisa dunhas condicións de traballo dignas.
Concentracións 30 de NOVEMBRO na CORUÑA
Concentracións 30 de NOVEMBRO en SANTIAGO
Desde CIG-Saúde tentaremos respostar ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de folga do vindeiro 30 de novembro e 14 de decembro, para que todas as traballadoras da provincia de A Coruña poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade.
Lembra que a primeira xornada de folga comeza na quenda de noite do día 29 de novembro e remata no inicio da quenda de noite do día 30.
A segunda xornada de folga comeza na quenda de noite do día 13 de decembro e remata no inicio da quenda de noite do día 14.