Convocadas máis mobilizacións contra a discriminación salarial en HM Rosaleda
- Sanidade Privada
As delegadas de CIG - HM Rosaleda convocan novas concentracións pola discriminación salarial que a dirección deste centro está a causar entre as distintas profesionais.
Nos últimos tempos estase a acreditar que as táboas salariais son insuficientes, polo que a patronal sanitaria ten que "compensar" estes salarios con cantidades fora do actual convenio. CIG SAÚDE esixe que está subida salarial sexa extensiva a tódalas categorías de xeito que se manteña a proporción que o convenio laboral marca, e de tal xeito que estas subidas sexan dereitos adquiridos e consolidados para todas as traballadoras.
- DIA: martes 25 de xaneiro e 22 de febreiro de 2022
- LUGAR: HM Rosaleda (Santiago de Compostela)
- HORA: 10:30
- CONVOCA: CIG-SAÚDE