Convocado o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, para a categoría de Facultativo/a especialista de atención primaria
- Oposicións
- Sanidade Pública
Prazas: 106 prazas, das que 73 son de acceso libre, 6 de discapacidade e 27 de promoción interna.
No Anexo I da Resolución pódense ver a relación de prazas ofertadas.
Titulación: médico/a especialista en medicina familiar e comunitaria ou certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema nacional de saúde.
Prazo de acreditación dos requisitos de participación:
Os requisitos de participación deberán ser acreditados polo/a aspirante dentro do prazo de presentación de solicitudes, EXCEPTO o relativo á titulación de acceso, do que se admitirá a súa acreditación ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.
Méritos:
Valoraranse os méritos causados ata o día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Estes méritos deberán estar rexistrados no FIDES e acreditados documentalmente o último día do prazo de
presentación de solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes:
Dende o 28 de abril ata o 31 de maio de 2022.