Convocatoria carreira profesional ano 2021
Prazo de solicitudes do 25 de novembro de 2021 ao 31 de xaneiro de 2022 (incluído)
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento de acceso aos graos I a IV da carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2021.
QUEN PODE PARTICIPAR
Só pode participar quen cumpra os requisitos e quen cumpra o período de permanencia dende o recoñecemento do grao anterior.
REQUISITOS |
PERÍODO DE PERMANENCIA |
||||
Ser persoal fixo no SERGAS. Estar en servizo activo. |
GRAO I |
GRAO II |
GRAO III |
GRAO IV |
|
Persoal licenciado sanitario |
5 anos |
5 anos |
5 anos |
7 anos |
|
Persoal diplomado/graduado sanitario |
5 anos |
6 anos |
6 anos |
7 anos |
|
Persoal técnico sanitario e de xestión e servizos |
5 anos |
6 anos |
6 anos |
7 anos |
QUEN NON PODE PARTICIPAR
As persoas que obtiveran o recoñecemento do grao I ao IV nas convocatorias dos anos 2018 ou 2020, porque non transcorreu o período de permanencia esixido para solicitar o seguinte grao.
CANDO SE PODE SOLICITAR
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 25 de novembro de 2021 e finalizará o 31 de xaneiro de 2022 (incluído).
COMO PRESENTAR A SOLICITUDE
A través do FIDES, no apartado de Solicitudes, e será necesario certificado dixital válido.
QUE MÉRITOS SE VALORAN
Só se valorarán os méritos acadados e REXISTRADOS no FIDES durante o período comprendido entre o recoñecemento do grao anterior e o último día do prazo de presentación de solicitudes.
QUE SE PRECISA PARA SUPERAR A AVALIACIÓN
Só se valorarán os méritos das seguintes áreas:
- Área III. Formación, docencia, investigación e innovación
- Área IV. Implicación e compromiso coa organización
Número mínimo de puntos para acceder a cada grao |
GRAO I |
GRAO II |
GRAO III |
GRAO IV |
Categorías sanitarias con titulación universitaria (Áreas III + IV) |
9 |
10,5 |
12 |
10,5 |
Mínimo Área III |
2,25 |
3 |
3,75 |
3 |
Categorías sanitarias de formación profesional (Áreas III + IV) |
7,50 |
9 |
10,5 |
9 |
Mínimo Área III |
2,25 |
3 |
3,75 |
3 |
Categorías de xestión e servizos con titulación universitaria (Áreas III + IV) |
9 |
10,5 |
12 |
10,5 |
Mínimo Área III |
2,25 |
3 |
3,75 |
3 |
Outras categorías de persoal de xestión e servizos (Áreas III + IV) |
7,50 |
9 |
10,5 |
9 |
Mínimo Área III |
2,25 |
3 |
3,75 |
3 |
Este é un resumo dos apartados máis importantes a ter en conta á hora de contabilizar os méritos.
Área III. Formación, docencia, investigación e innovación
- Formación continuada recibida:
- Formación acreditada polo sistema acreditador de formación continuada de profesións sanitarias: 0,50 puntos/crédito (só para categorías sanitarias)
- Formación acreditada por outros organismos:
- 0,30 puntos/crédito para categorías sanitarias
- 0,50 puntos/crédito para persoal de xestión e servizos
- Formación non acreditada: 0,075 puntos/hora
- Formación continuada impartida: 0,40 puntos/hora
- Formación transversal:
- Cursos de prevención de riscos, informática, idiomas, e violencia de xénero e igualdade: 0,10 puntos/hora
Área IV. Implicación e compromiso coa organización
- Prestación de servizos en centros de distintas localidades ou en centros externos habilitados: 0,20 puntos/mes
- Servizos prestados en centros caracterizados pola súa distancia e illamento: 0,30 puntos/mes
- Exercicio de supervisión, xefaturas, de coordinación, postos directivos ou de responsabilidade: 2 puntos/ano
- Participación na elaboración de guías/protocolos: 1 punto/documento
- Participación nos protocolos de acollida de profesionais: 2 puntos/proceso
- Participación como membro de tribunais de selección: 4 puntos/participación
- Participación en programa vacinación e cribados dunha situación de emerxencia sanitaria: 0,006 puntos/día
- Prestación de servizos durante unha situación de emerxencia sanitaria: 0,30 puntos/mes
- Mobilidade de persoal derivada dunha situación de emerxencia sanitaria: 0,40 puntos/mes
Podes ver aquí o baremo completo das Áreas III e IV.