Convocatoria concurso- oposición das categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa
Publicado hoxe en DOG
Os méritos a ter en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos no Anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (ata o 20 de decembro de 2023).
O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do 22 de decembro de 2023 ao 21 de xaneiro de 2024).
As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Dirección, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso administrativa nos termos da Lei 29/1998, de 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas