Convocatoria concurso- oposición de diversas categorías
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publicado hoxe en DOG as convocatorias dos concursos-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario:
- Persoal sanitario de formación profesional: técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
- Médico/a de familia de atención primaria.
- Diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área: alergoloxía, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, cirurxía torácica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, hematoloxía e hemoterapia, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina preventiva e saúde pública, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neuroloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría.
- Médico/a asistencial do 061 e médico/a coordinador/a do 061.
- Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.
- Celador/a.
- Enxeñeiro/a técnico/a.
- Grupo auxiliar da función administrativa.
- Terapeuta ocupacional.
- Persoal de servizos xerais.
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.
- Médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria.
- Fisioterapeuta.
- Diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista: enfermería de saúde mental, enfermería familiar e comunitaria, enfermería obstétrica e xinecolóxica e enfermería pediátrica.
Prazo de presentación de solicitudes dende o día 9 de xaneiro de 2023 ata o 9 de febreiro de 2023, ambos días incluídos.
Os méritos valoraránse con referencia ao día inmediatamente anterior (incluído) ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (3 de xaneiro de 2023).