Convocatoria cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para obtención do CELGA

Cursos gratuítos a realizar nas escolas oficiais de idiomas

  • Formación

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Solicitudes:

Prazos de inscrición:

  • 1º cuadrimestre (setembro-xaneiro): do 1 ao 10 de setembro de 2022
  • 2º cuadrimestre (febreiro-maio): do 3 ao 13 de xaneiro de 2023

Asignación das prazas:

  • Para os cursos do 1º cuadrimestre, o 13 de setembro poderase ver na web as persoas admitidas.
  • Para os cursos do 2º cuadrimestre, o 17 de xaneiro poderase ver na web as persoas admitidas.

Presentación da documentación:

  • As persoas admitidas deberán entrar na aplicación web e presentar telematicamente a documentación requirida en www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
  • 1º cuadrimestre: ata o 16 de setembro.
  • 2º cuadrimestre: ata o 20 de xaneiro

Persoas destinatarias dos cursos:

Cursos CELGA

- Persoas maiores de 16 anos.

Cursos de linguaxe administrativa galega

- empregados/as públicos/as da Administración autonómica

- empregados/as públicos/as da Administración local

- empregados/as públicos/as da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia

- empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia

- exceptuando o persoal docente da Consellería Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades  e o persoal sanitario

Volver