Convocatoria da proba obxectiva para o acceso a especialidade de enfermaría familiar e comunitaria

Prazo de inscrición de 15 días, do 9 ao 23 de novembro de 2021

  • AgEnfermeira
  • Especialidades de enfermería
  • Sanidade Pública

Despois dunha espera de máis de 10 anos, o Ministerio de Universidades convoca a proba obxectiva para o acceso ao título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Ver Resolución de 4 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Ver Preguntas frecuentes publicadas na web do Ministerio.

Listado provisional de admitidos/as e excluídos/as:

Está publicado en http://run.gob.es/enfermeria-FamiliarComunitaria

Só poderán acceder a esta proba as persoas que tiveran solicitado este acceso extraordinario no seu momento, conforme ao Real Decreto 450/2005.

Prazo de DEZ (10) días naturais, do 9 ao 18 de novembro de 2021, para a subsanación dos motivos de exclusión, ou da non aparición en ningún dos listados.

As alegacións enviaranse por rexistro, e tamén a través do correo: alegaciones.enfermeriafyc@universidades.gob.es

Procedemento de inscrición:

Prazo de presentación de solicitudes de QUINCE (15) días naturais, do 9 ao 23 de novembro de 2021.

  • Deberase cumplimentar o formulario na web. Quen non o faga, sairá excluído/a.
  • Deberase xuntar unha foto de tamaño carnet. Para iso, enviarase un correo electrónico a prueba.enfermeriafyc@universidades.gob.es indicando:
    • Asunto: o DNI/NIE da persoa aspirante
    • Imaxe en formato JPG
    • Tamaño da imaxe de aprox. 25 kb
    • Nome do arquivo (imaxe): o DNI/NIE da persoa aspirante, con letras maiúsculas e sen guións.
    • Se non se envía esta foto, a persoa aspirante sairá excluída.

Calendarios das probas:

  • Primeira convocatoria: sábado 11 de decembro de 2021
    • Grupo 1: de Vaamonde Rodríguez ata Fernández Márquez, ás 8:30 horas.
    • Grupo 2: de Fernández Martín ata Moline Cristia, ás 12:00 horas.
    • Grupo 3: de Molinero García ata Uzquiza Arrieta, ás 16:00 horas.
  • Segunda convocatoria: nos dez meses seguintes á primeira convocatoria.

Proba obxectiva telemática:

Duración: 3 horas ininterrompidas

Estrutura da proba:

  • 1ª parte: cuestionario de 100 preguntas tipo test, e 10 de reserva. A realizar en 2 horas.
  • 2ª parte: análise de 5 casos clínicos, con 5 preguntas cada caso. A realizar en 1 hora.

Publicación de plantillas provisionais no prazo de cinco días hábiles dende a realización da proba.

  • Prazo de tres días naturais para reclamación das preguntas.

Calificación final:

  • "apto": quen acade 40 puntos en cada unha das partes, e 100 puntos na suma das dúas partes.
  • "non apto": quen non acade a puntuación mínima.

Requisitos técnicos do ordenador, tablet ou teléfono para realizar o exame:

– Sistema operativo non obsoleto e actualizado, sendo os recomendados: Android, Linux, macOS, Windows.
– Navegador web actualizado, sendo os recomendados: Chrome, Edge, Firefox (especialmente para Windows), Opera, Safari (especialmente para macOS).
– Cámara web.
– Acceso a internet.

Volver