Convocatoria de concurso- oposición para o grupo auxiliar da función administrativa pola quenda de discapacidade intelectual

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de acceso: acceso libre para persoas con discapacidade intelectual ou promoción interna para traballadores/as con discapacidade intelectual.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do 30 de decembro ao 29 de xaneiro de 2024).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver