Convocatoria de OPE de PSX

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe, 7 de marzo de 2019, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais.

SISTEMAS DE ACESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

As 9 prazas da quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

CATEGORÍA

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade xeral

Total

Titulación

Persoal de servizos xerais

C2

24

38

4

75

Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

  • DNI ou NIE.
  • Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
  • Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
  • Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

PAGO DE TAXAS: 25,81 euros , salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

Táboa informativa

 

Volver