Convocatoria do concurso específico de médica/o de HADO
- Oposicións
- Sanidade Pública
Convócase concurso específico para o ingreso na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio. Esta convocatoria diferenciada para o acceso, polo sistema de concurso, realízase no seo da implantación da categoría.
O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica no anexo I, con expresión diferenciada do centro en que se convoca.
As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:
- Ter a condición de persoal estatutario fixo nalgunha categoría de persoal médico, na actualidade e na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro de 2021, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde.
- Desempeñar ou ter desempeñado no Servizo Galego de Saúde, na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021 ou con anterioridade, as funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio.
- Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia. Ter destino definitivo no centro (área ou distrito) en que se oferta a praza.
- Titulación: estar en posesión da titulación de licenciado ou graduado en Medicina e título oficial de médico/a especialista; ou ben, posuír a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema Nacional de Saúde, ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes da resolución de convocatoria.
- Estar en posesión do permiso de conducir da clase B ou equivalente.
No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nos puntos 1 a 4 desta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.
Rexistro electrónico dos requisitos de participación. As persoas interesadas en participaren no concurso deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nestas bases. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) na parte Fides/expedient-e/Sección de Procesos
Prazo e procedemento de solicitude de participación.
O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os méritos que se terán en conta no proceso de concurso serán os recollidos no anexo II e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os procesos tramitaranse de maneira descentralizada en cada unha das áreas sanitarias, sen prexuízo das competencias de ordenación temporal que se reserva o órgano convocante.
A xerencia da área sanitaria en que se convoquen prazas é o órgano competente para a tramitación de todo o procedemento desde a publicación das listaxes de admitidos/as e excluídos/as ata a proposta de nomeamento dos seleccionados ao órgano convocante.
Listaxes de admitidos/as e excluídos/as.
Cada un dos xerentes/as das áreas sanitarias, expirado o prazo de presentación de solicitudes, publicará na páxina web www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do centro en que se oferten as prazas, resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as.
Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, e dirixirán as reclamacións á xerencia correspondente.
De acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro, o sistema de selección será o de concurso. Só se poderá acceder a prazas ofertadas no centro (área ou distrito) en que o aspirante ten o destino definitivo nos termos en que se define no anexo I.
En caso de producirse empate nas puntuacións dos aspirantes, o desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na epígrafe de experiencia (28 puntos), e sucesivamente en cada unha das epígrafes do baremo de experiencia pola súa orde. Continuarase o desempate pola maior puntuación en cada unha das epígrafes e subepígrafes do baremo pola súa orde. Logo decidirá a maior idade do/da aspirante. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante co primeiro apelido máis próximo á letra que resulte do sorteo para participar en procesos selectivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, vixente no momento de publicación desta resolución de convocatoria.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Novas Relacionadas
Últimas novas