Convocatoria do concurso específico para ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista de enfermaría do traballo e de saúde mental.
- AgEnfermeira
- Especialidades de enfermería
- Sanidade Pública
Convócase o concurso específico para o ingreso na categoría e praza de persoal enfermeiro/a especialista do Servizo Galego de Saúde, na especialidade de enfermaría do traballo e na especialidade de saúde mental.
REQUISITOS:
- Ser persoal estatutario fixo diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza con destino definitivo no centro en que se oferta a praza.
- Desempeñar ou ter desempeñado as funcións propias da especialidade.
- Estar en servizo activo como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.
- Titulación de enfermeira especialista correspondente.
PRAZO:
- Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución.
PROCEDEMENTO:
- Farase a través do FIDES/expedient-e/Sección de Procesos.
- Cubrirase unha única solicitude de participación por especialidade.
- A solicitude presentarase por rexistro electrónico (necesario DNI-e ou certificado dixital).
- Dirixirase á unidade de validación na cal a/o aspirante ten o seu destino definitivo.
MÉRITOS:
- Valoraranse os causados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación desta Resolución.
- Estarán rexistrados no FIDES e acreditados documentalmente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
- Non será necesario acreditar:
- A experiencia profesional como persoal estatutario do SERGAS.
- A formación impartida polo ACIS (FEGAS).
- Puntuación polo coñecemento da lingua galega, necesario estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente.
NOMEAMENTO:
- Nomeamento como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista da especialidade correspondente.
- As/os profesionais nomeadas que viñan prestando servizos nas unidades correspondentes, permanecerán no mesmo destino.
- O persoal nomeado poderá solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.
- Non poderán ser nomeado o persoal que se atope en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.
Descarga aquí as Bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista (DOG do 02/04/2018).
A publicación deste concurso é o recoñecemento, impulsado pola CIG-SAÚDE, ás/ós enfermeiras/os especialistas que non tiñan recoñecida esta situación.
Levan anos traballando como especialistas para o SERGAS, formando as/os novas/os enfermeiras/os especialistas sen ningún recoñecemento.
Agora o SERGAS vai a situar a estas/es profesionais no lugar que lles corresponde. Agardamos que en breve saian os concursos para o resto de enfermeiras/os doutras especialidades de enfermaría.