Convocatoria do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista

Enfermaría pediátrica e de saúde mental

  • AgEnfermeira
  • Especialidades de enfermería
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o segundo concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de enfermaría pediátrica e saúde mental.

REQUISITOS:

  • Ser persoal estatutario fixo diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza, e con destino definitivo no centro en que se oferta a praza.
  • Desempeñar ou ter desempeñado as funcións propias da especialidade na data da entrada en vigor do Decreto 81/2016 .
  • Estar en servizo activo como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.
  • Titulación de enfermeira especialista correspondente.

PRAZO:

  • Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución.

PROCEDEMENTO:

  • Farase a través do FIDES/expedient-e/Sección de Procesos.
  • Cubrirase unha única solicitude de participación por especialidade.
  • A solicitude presentarase por rexistro electrónico (necesario DNI-e ou certificado dixital).
  • Dirixirase á unidade de validación na cal a/o aspirante ten o seu destino definitivo.

MÉRITOS:

  • Valoraranse os causados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación desta Resolución.
  • Estarán rexistrados no FIDES e acreditados documentalmente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non será necesario acreditar:
    • A experiencia profesional como persoal estatutario do SERGAS.
    • A formación impartida polo ACIS (FEGAS).
  • Puntuación polo coñecemento da lingua galega, necesario estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente.

NOMEAMENTO:

  • Nomeamento como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista da especialidade correspondente.
  • As/os profesionais nomeadas que viñan prestando servizos nas unidades correspondentes, permanecerán no mesmo destino.
  • O persoal nomeado poderá solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.
  • Non poderán ser nomeado o persoal que se atope en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

Descarga aquí as Bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista (DOG do 02/04/2018).

Volver