Convocatoria do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista na especialidade de enfermaría xeriátrica
- Oposicións
- Sanidade Pública
Convocase un concurso específico para o ingreso na categoría e praza de persoal enfermeiro especialista do Servizo Galego de Saúde, na especialidade de Enfermaría Xeriátrica.
A convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de Enfermaría con vínculo de fixeza que desempeñase no Servizo Galego de Saúde na data da entrada en vigor do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, ou nun momento anterior, as funcións propias da especialidade e acredite o título da especialidade de Enfermaría Xeriátrica.
O número de prazas que se convocan neste proceso especifícase no seguinte cadro:
|
Especialidade |
Centro |
Nº de prazas |
Titulación |
|
Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Xeriátrica |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
7 |
Título universitario oficial de grao/diplomatura en Enfermaría e o título de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Xeriátrica. |
|
A.S. de Vigo |
7 |
Serán de aplicación a este proceso as bases aprobadas pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 21 de marzo de 2018 (DOG núm. 63, do 2 de abril), adaptándose os seus anexos II, III e IV ás actualizacións que se recollen na Resolución do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista (DOG núm. 63, do 2 de abril), en relación co procedemento de acreditación de méritos, coas instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides) e coas revistas incluídas no catálogo CUIDEN.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas