Convocatoria do concurso- oposición de diversas categorías de personal sanitario de formación profesional
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior nas especialidades de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética, documentación sanitaria, e laboratorio de diagnóstico clínico.
As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de acceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade e promoción interna, segundo a distribución que figura no anexo I.
As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do 1 ao 31 de maio).
Prazas e titulación
Categoría |
Subgrupo |
Acceso libre |
Promoción interna |
Discapacidade xeral |
Total |
Titulación |
Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía |
C1 |
4 |
4 |
8 |
Título de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional |
|
Técnico/a superior en dietética |
C1 |
7 |
8 |
1 |
16 |
Técnico/a superior en dietética ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional |
Técnico/a superior en documentación sanitaria |
C1 |
5 |
7 |
1 |
13 |
Técnico/a especialista en documentación sanitaria (formación profesional de segundo grao, rama sanitaria), técnico/a superior en documentación sanitaria (ciclo formativo de grao superior, familia profesional de sanidade) ou técnico/a superior en documentación e administración sanitarias (ciclo formativo de grao superior, familia profesional de sanidade) |
Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico |
C1 |
54 |
61 |
6 |
121 |
Título de técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional |