Convocatoria do proceso selectivo de concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a biomédico/a
- Oposicións
Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a biomédico/a.
O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se detalla no citado anexo I, con expresión diferenciada polo seu sistema de acceso.
Sistemas de acceso.
As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo polo sistema de acceso libre e promoción interna, segundo a distribución que figura no anexo I.
De conformidade co que establece a lexislación do emprego público de Galicia, o artigo 6 do Decreto 52/2025, do 23 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2025, e o artigo 8 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dado o número de vacantes ofertadas non procede a reserva de prazas pola quenda de discapacidade.
Formulario de inscrición.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI e que, logo de formalizada electronicamente, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e no prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.
O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, no cal desexa que se lle facilite, na data de exame, o cuestionario de preguntas da parte común e específica da fase de oposición.
Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscada no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.
As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.
Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.
Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas
Admisión de aspirantes.
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os aspirantes exentos e non exentos da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.
Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.
Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.
Novas Relacionadas
Últimas novas