Convocatoria exames OPE na categoría de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual
- Oposicións
- Sanidade Pública
Venres 7 de xuño de 2019.
Publícase na páxina web do SERGAS o modelo definitivo de respostas e ás puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, quenda de discapacidade intelectual.
Ábrese un prazo de reclamación a estas puntuacións provisionais de cinco días hábiles (do 10 ao 15 de xuño de 2019).
Convócase as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio deste proceso para a realización do segundo e terceiro exercicio que integran a fase de oposición:
- Data: 22 de xuño de 2019.
- Hora: 16.30 horas.
- Lugar: aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Sur, Santiago de Compostela.
Deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.