Convocatoria probas Celga

  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022.

  • Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

  • Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.

  • Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

27 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse aquí.

Así mesmo, na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta terá lugar o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.

Enlace DOG

Volver