Corrección de erros da oferta de destinos no concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Hoxe publícase no DOG a CORRECCIÓN DE ERROS: Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Afecta ás categorías de:
- Enfermeira/o
- Fisioterapeuta
- PSX
- TCAE
- Técnico superior en hixiene bucodental
Non se modifica o prazo de correción da solicitude, remata o vindeiro 12 de abril de 2019.